11/02/2010

CAMIÑO SANTIAGO - PADRÓN EN BICICLETA


Para comezar coas actividades da asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO temos preparada unha ruta en bicicleta, cortiña, para ir collendolle o gusto.

O próximo día 6 de Marzo imos facer o camiño dende Santiago a Padrón para recoller a PEDRONÍA (é como a compostelana pero de Padrón).

Sairemos ás 9:00 da maña da Carballeira de Santa Minia, para recorrer o camiño de Santiago a inversa, é dicir: Brión - Santiago, unha vez alí faremos o camiño Santiago Padrón.

Unha vez chegados a Padrón obliganos a visitar os enclaves ligados ao fenómeno xubilar, como a igrexa de Iria, a Fonte do Carme, o Santiaguiño do Monte e o Pedrón, situado baixo o altar maior da igrexa de Santiago. Cumplidos estes requisitos a Pedronía xa será nosa.

Logo desto, para os que queiran, buscaremos un sitio xeitoso para comer e rematada a comida volveremos para Brión, recorrendo os nosos pasos polo camiño Padrón - Santiago ata a Carballeira de San Martiño onde nos desviaremos para volver a Carballeira de Santa Minia por Beca - Bastavales.

ACTIVIDADE: Camiño de Santiago - Padrón en Bicicleta
DATA: 06/03/2010
LUGAR: Carballeira de Santa Minia
HORA DE SAIDA: 9:00 hrs.
HORA DE REGRESO: 18:00 hrs. aprox.
PREZO: 0 € (a comida corre por conta de cada un)

ANOTATE DEIXANDO O TEU COMENTARIO AQUÍ ABAIXO

1 comentarios:

Eu apuntome, creo que Trigo e Marcos tamén

Publicar un comentario en la entrada