11/02/2010

QUEN SOMOS

A asociación cultural e medioambiental O ESQUIO NO PIÑEIRO é unha entidade sen ánimo de lucro, autoxestionada e totalmente independente, na que se organizan actividades de libre participación que favorecen o intercambio e o encontro persoal.

As actividades, que se xeneran libremente a partir de iniciativas dos seus membros, están abertas a todos. O ESQUIO NO PIÑEIRO é unha asociación aberta ti mesm@ contribues a crear o espacio, á medida do teu talento e das tuas gañas de ir cara diante.

A xestión da asociación é enteiramente autofinanciada polos seus integrantes, a través de cuotas libres, donacións e subvencións do estado. É unha entidade totalmetne independente de calquera institución relixiosa, política ou social.

Son fins desta asociación os seguintes:

- Traballar pola defensa da natureza, así como pola defensa e recuperación do patrimonio histórico-cultural en todos os seus ámbitos, promovento a protección do hatitat rural e natural.

- Promover e investigar sobre o noso patriomonio histórico cultural antigo.

- Promover e propoñer a investigación, edición e divulgación etnográfica en valor da experesión cultural da zona de ámbito de actuación da Asociación.

- Cultivar os valores humanos de solidariedade e tolerancia, culturais e educativos, mediante actividades e iniciativas que axuden a melloralos e a profundizalos.

- Achegar ós mozos á realidade cultural, social, ambiental na que viven facilitando a súa participación activa a través da organización de actividades divulgativas, de ocio, deportivas, culturais, etc...

- Facer da Asociación un movemento dinamizador amplo que recolla e dea resposta a todas as inquedanzas dos diferentes grupos de poboación, e que sirva de marco de acción a todos aqueles que se queiran integrar.

- Ofertar a nosa colaboración, cando se estime pertinente, ós organismos públicos e privados que estean relacionados coa área de traballo do grupo.

- Establecer todos os vencello necesarios con outros grupos, fixando vias de colaboración de cara a unha labor máis eficaz.

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada