
O sábado 6 de marzo auguraba boa mañá para andar na bici, dia nubrado con pouco frío e non ameazaba chuvia, polo que se previa unha boa maña para pedalear. Quedada na Carballeira de Santa Minia ás 9 da mañá, dende a organización esperabamos arredor de 12 participantes, e a cousa non defraudou, ao final 12 aínda que houbo baixas salientables: Albano, Daniel Recioy, e Anxo...
Os asistentes por orde de aparición na Foto: Jorge, Fabeiro, Carlos Pintor, Julio, Trigo, Chucho, Marcos, Josito, Carlos (non estou seguro do nome pero sei a maiores que era dos Castro Barbudo de Taragoña), Miguel e Javita; saiamos puntuais da Carballeira para dirixirnos a enlazar co camiño de Santiago en Covas (Ames), a primeira parte foi bastante durecha con moitos tramos de asfalto e camiños moi embarrados e con bastantes atrancos por mor das ultimas chuvias e da tan famosa Cicloxénese explosiva...
A ruta a Santiago discorreu tranquilamente salvando pequenas incidencias como a cadea de Josito que cascou a metade de camiño, aínda que sen maiores consecuencias debido ao bo facer do tronchacadeas e da sabedoría de Javita.
Sobre as 11:30 chegabamos a Praza do Obradoiro, algúns de nos aínda sen saír do noso estupor debido as escaladas e a constancia de Carlos Pintor, que nunca se vira nestas alladas e cunha bici propia de fai 20 anos chegaba a Santiago totalmente pletórico. Fotiños de rigor que nos sacarons uns coleguitas Sevillanos.
Logo do pequeno avituallamento e de selar as credenciais na Oficina de Turismo (xa que na oficina do peregrino pasaron de nos amplamente), saiamos dirección Padrón atravesando a Rúa do Franco, Alameda e dirixíndonos cara Santa Marta para coller o camiño de Padrón.
A segunda parte da ruta foi máis levadeira con algunha que outra confusión no camiño e coa roda de Fabeiro que pedía papas por momentos. Na metade do camiño máis ou menos perdiamos un dos participantes, Javita retornaba cara Brión á altura de Francos. O resto seguiamos sen moita máis incidencia que salientar ata chegar a Padrón sobre ás 12:30 da mañá. Ao final non visitamos ningún dos monumentos, recollida das Pedronias na oficina de información de Padrón e avituallamento no Gadis que está enfronte.
Unha gran parte da expedición decidiu volver cara Brión "polo camiño máis corto", Rois, Francelos, Bastavales, Brión completando un total de 60 km aproximadamente.
A outra parte (Trigo, Miguel, Pitor e Julio) quedamos a comer en Padrón... que boas cañas, que bo pulpo, que bo raxo... para algúns o mellor da ruta. Estes últimos completaban unha etapa de 45 km xa que despois de comer e valorando o noso pésimo estado de animo e de forzas decidimos chamar a vehículos de apoio para que viñeran buscarnos.
Desta ruta aprendemos bastantes cousas:
- Por un lado, o bo que é xuntar xente de distintos clubs: As cabras tiran ó monte, Castro Barbudo. Saen ideas caralludas
- Cousas interesantes como o de facer unha ruta por Brión, que moita xente non coñece, polos montes de Rañalonga e Altamira.
- Aprender como se amaña unha cadea rota.
- Saber que o valor bicicleta non importa (vexase Carlos Pintor), senón as gañas que se teña de facer as cousas.
- QUE NON SE DEBE SAIR SEN ALMORZAR....
- etc, etc, etc ...
En fin, dar as grazas a tódolos participantes, pola súa participación e pola súa paciencia, e pedir desculpas por todo o que saiu mal. Na próxima intentaremos mellorar.
08/03/2010
Crónica da Ruta MTB - Brión - Santiago - Padrón
RECORDADE QUE AS PEDRONIAS ESTAN NA CASA DA CULTURA PARA QUE AS RECOLLADES.



2 comentarios:
A idea era boa e penso que vos saliu ben. Bo día para andar en bici, da gusto sair en grupo e seguir a ruta en grupo. A mín faltoume o final, pero polo menos puiden aproveitar a mañá.
A única pena e que na foto non se ve toda a Catedral...
Como participante da ruta pareceoume unha etapa moi fermosa, que grazas ó día que tivemos e a boa comida Padrón son das cousas para repetir... A seguinte á de Laxe seguro que me apunto.
Unha forte aperta á esta gran iniciativa do Esquio. A seguir así¡¡¡¡
Publicar un comentario en la entrada