10/05/2010

Crónica da Ruta MTB – De Camariñas a Laxe

Sábado 8 de Maio de 2010. As 9 era a hora acordada para quedar na carballeira cos participantes na saida, ainda que uns cantos decidimos ir un pouco antes por eso de ir cargando as nosas bicicletas antes e de ter tempo para almorzar. Ás 8:30 non había nin dios na Carballeira, co cal decido ir tomar un café “a de Ramiro”, minutos máis tarde comezaba a aparecer o personal: por orde de chegada… Julio (un servidor), Dora e Paula (na furgoneta), Trigo, Marcos, Mario e Angel (dous rapaces novos, que nos acompañaron nesta rutiña, espero que non sexa a última), Luis Casal, Benjamín, Pintor, Suso, Denis (outro que era a primeira vez que saia con nos e que ademáis estrenaba máquina…), xa con algo de retraso chegaba Miguel e logo de chamadas e dun “quedei durmido”… media hora máis tarde chegaba Dani.

Como vedes ao final saimos 12 e máis as dúas chicas de apoido 14… mentres ia chegando a xente, e gracias a Benjamín (senon ainda o seguiríamos intentanto hoxe), procedemos a sacarlle os asientos a furgo… que traballiño dios mio!!! Marcos (na colocación) e Benjamín na distribución…[traballo en equipo] co cal en 15 min. quedaron as bicicletas colocadas e listas para sair, bueno casi, xa que faltaba Dani que como dixen antes pegaranselle as sabanas e houbo que esperar un bo anaco por el. A verdade e que a furgo dounos a vida, ia petada ata os topes, pero conseguimos meter dentro 12 bicicletas…


Tras estas primeiras peripecias e con case unha hora de retraso, partimos cara Camariñas repartíndonos en tres coches. Logo duns cuarenta minutos e case sen darnos conta alí estábamos, fronte o faro de Camariñas… montandolle as rodas de diante as máquinas, sacando a fotiño de grupo de rigor.


Sobre as 11 da maña comezabamos a pedalear, dicir que estaba un dia caralludo, non facía frio (nin calor tampouco), sen aire e sen caer unha soa gota de chuvia.

A primeira parte da ruta foi un pouco sosa, pista moi ancha e bastante ben coidada, co cal só nos tiñamos que preocupar de dar pedal e contemplar a paisaxe que era chulisima, jejeje…



Eso creíamos ata que apareceron os primeiros repeitos… a primeira subidiña corta pero intensa, pero a segunda… intensa e longa…



Empeza a selección natural a funcionar, Marcos e Miguel tirando diante coma tuzaros, Suso aguantandolle o ritmo e Luis Casal e Mario tamén se lles pegan, o resto imos detras, uns máis atras que outros... a medida que a costa vai crecendo vexo como a xente me vai pasando, ao final quedamos Pintor, Trigo, Angel e máis eu...


A verdade e que esta costiña chegoulle ben, de feito sería unha das máis duras de toda a ruta, para algúns foi incluso tan dura que tiveron que facer uso da furgoneta de apoio...


O resto do camiño sucedia sen máis incidentes que alguha “caída tonta”, unha abella que se cruzou no meu camino, e a pista ancha que nos facía chegar case sen darnos conta a Camelle, po onde pasamos sen pena nin gloria… paramos cinco minutiños a comer algo e a coller auga e seguimos tirando para diante .






A segunda metade da ruta, a que ia dende Camelle a Laxe iva ser un pouco máis divertida… punto do que nos demos conta nada máis sair de Camelle ao aoparnos con unha zona na que era imposible rodar… era unha especie de cala pequeniña na que a area máis pequena debía pesar dous kilos…pé a terra pasamos zona pedregosa e comezaba a zona MTB pura e dura…



Baixadas pedregosas, trialeras, subidas e apretar o huevo, barro, pedras e máis pedras… ata chegar a pouco antes da praia de Traba onde seguíamos a ruta por un sendeiro de taboas que bordeaba a Praia… no último tramo deste, as forzas medraran tanto tralo subidon da última baixada que ata me arriesgo a rematar esta parte da ruta ao sprint con Marcos… claro que a veteranía é un grado, eu comezo a apretar moi pronto e el reserva forzas para no último momento joderme vivo… Por orde de chegada ao segundo “avituallamento”, Marcos , Suso, Julio, Miguel, Pintor, Luis Casal, Trigo, Angel, Mario, Benjamin, Dani e Denis…






Reagrupamento na Praia de Traba, avituallamento e recuperación de folgos.



De aquí ao final pouco máis que contar foi sen máis problemas, incluso Trigo se arriesgou a atacar e ir diante ata o final… unha zona de area que nos fixo sufrir un pouquiño, alguna costa e a confusión final, que cada un chegou a Laxe ben por onde pudo… ao chegar reencontro na praza,e como sempre avituallamento final no primeiro bar que vimos…

Xa sen tomar nada, Marcos, Benjamin e Suso deixabannos e emprendían camino a Brión e o resto, comilona a base de pulpo, chipirons e raxo con chistorra…


Logo desto viaxe a Brion, reagrupamento no “Paraiso” e cada un pa súa casa.

En definitiva unha volta moi chula cun grupo de xente caraulla… e cunha pregunta no aire… cando repetimos?

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada