14 mar 2012

Novo éxito na plantación de árbores apadriñados polo Esquio


O pasado sábado 10 de marzo a Asociación medio ambiental, cultural e deportiva O Esquio no Piñeiro, en colaboración co Concello de Brión, convocaba unha nova plantación de árbores no parque municipal de Pedrouzos, ao lado do Campo de Fútbol deste concello. A esta cita acudiron un total de 20 veciños e veciñas co afán de plantar e apadriñar un dos 20 castiñeiros e 20 carballos que repoboaran esta zona.

Esta actividade non consistía só en realizar a plantación, senón que os participantes tamén se comprometeron a facer un exaustivo mantemento das árbores plantadas realizando regadíos periódicos e comprobando que as árbores medran axeitadamente.

Para rematar esta actividade, os participantes puideron desfrutar dunha pequena merenda no mesmo parque onde foron plantados os carballos e os castiñeiros.

GALERÍA DE FOTOS

0 comentarios:

Publicar un comentario