Convencidos de que a presión pública é un dos mecanismos mais efectivos para producir cambios necesarios para a mellor protección do plantea, desenrrolamos un novo apartado de participación cidadan para o medio ambiente.
Queremos implicar a toda a cidadanía para frear a crecente degradación do medioambiente do planeta. Todos somos testemuñas das constantes violacións medioambientais que se producen, a diario, ao noso arredor.
A través deste mecanismo, daremos publicidade as tuas testemuñas fotográficas, creando así presión social na defensa do medioambiente e divulgando as deficitarias situacións nas que se desenrrolan numerosas actividades humanas hoxe en día.
O novo obxectivo non é outro que sensibiliar a poboación sobre a realidade medioambiental, aportando datos concretos. Unha vía directa e efectiva para poñer o teu graiño de area pola defensa do planeta.
Podes enviarnos todas as fotos que queiras ao noso correo electrónico, recorda que debes aportar os seguintes datos:
- Descrición
- Lugar e data de realización da fotografía
- Persoa de contacto
A TÚA PARTICIPACIÓN É NECESARIA. Estamos esperando o teu envío.
O NOSO MAPA DE FOTODENUNCIAS:
0 comentarios:
Publicar un comentario