11 jun 2012

I RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN

INFORMACIÓN


DATA: 9 de Setembro de 2012
LUGAR: Pavillón polideportivo de Brión
PREZO: 10 €
HORA DE SAÍDA: 09:30 hrs.
ENTREGA DE DORSAIS: 08:45 hrs.
DIFICULTADE FISICA/TÉCNICA: Alta/Media
INFO: Ruta social non federada e non competitiva
CIRCUITO: O punto de saída e chegada da ruta é o pavillón municipal do concello de Brión. Esta rúta transcorre polos montes da zona levandonos dende Pedrouzos ata a parte alta do Concello, atravesaremos nun primeiro momento por camiños da parcelaria anchos e sen demaisada dificultada para irnos achegando ao Rio Tambre onde descubriremos frondosas carballeiras e camiños de pescadores ao lado do rio. Todo esto estará adornado polas estupendas vistas que presenta a ruta en toda a súa extensión e a gran cantidade de auga que se pode observar practicamente en todo o seu percorrido. Logo de pasear polas beiras do Tambre baixaremos denovo cara o nucleo muncipal usando camiños practicamente esquecidos polas xentes da zona e que levaban arredor de 30 anos pechados. Esta ruta, malia que conta cunha dificultade fisica e técnica media, non deixará a nadie indiferente.
AVITUALLAMENTOS: Durante a ruta haberá duas zonas de avituallamento, unha de líquidos e outra de solidos/líquidos.
OUTROS SERVIZOS: Haberá vestiarios, duchas, ampla zona de aparcamento e lavado de bicicletas ao finalizar a ruta.
MOI IMPORTANTE: Para poder participar nesta probA é OBRIGATORIO o uso do casco.
OUTRA INFORMACIÓN: Contaremos con un seguro de accidentes e ambulancia para calquera percance que poida producirse durante a celebración da proba. Tamén agasallaremos a tódolos participantes que tomen parte na mesma con un regalo conmemorativo. Haberá tamén sorteo de diversos regalos e algunha que outra sorpresa mais...

INSCRICIÓN
A inscrición permanecerá aberta dende o día 1 de Agosto ao día 31 de Agosto

TODA A INFORMACIÓN DA PROBA NA WEB
rutabttdotambre.blogspot.com.es

8 comentarios:

Cando poñedes "dende o día 1" é o 1 de agosto ou dende o 1 de xullo?

A INSCRICIÓN ESTARÁ ABERTA DENDE O DÍA 1 AO 31 DE AGOSTO

A INSCRICIÓN ESTÁ ABERTA DENDE O DÍA 1 DE AGOSTO ATA O DÍA 5 DE SETEMBRO NA WEB:

rutabttdotambre.blogspot.com.es

UN SAUDO

é posible inscribirse na recollida de dorsais antes da saida?

Deberiades saber que organizastedes unha das mellores, senon a mellor,das rutas as que asistin, tanto a nivel organizativo como dos lugares disfrutados . Noraboa chicos polo traballo realizado.

Veremonos para o ano.

Saudiños, Manuel

Fotos fotos queremos esas instantaneas jaja

Onde se poden ver as fotos....que a min pillaronme ca bici na man

Publicar un comentario