DESCRICIÓN
A mocidade convértese en axente activo na defensa da natureza e do medio ambiente no seu territorio coa recuperación dunha zona de monte talada, repoboando con árbores autóctonas como exemplo de explotación forestal sostible e respetuosa co medio. O proxecto organízase en dúas fins de semana de acampada na zona para deste xeito crear un espazo de encontro e intercambio entre mozos de diferentes idades, de 12 a 30 anos, cun interese común pola natureza.
ÁMBITO TERRITORIAL
O proxecto desenvolverase no Concello de Ames, onde se sitúa a parcela que se vai repoboar.
DESTINATARIOS
Este proxecto está dirixido a mozos de 12 a 30 anos de idade, alumnos da ESO e Bacharelato e relacionados coa educación social e co mundo da educación non formal, especialmente de tempo libre, interesados no medio ambiente.
CONTACTO
oesquio@gmail.com
ACTIVIDADES E DATAS
Repoboación e apadriñamento dunha zona de monte talada con árbores autóctonas
A actividade organízase en dúas fins de semana (sábado e domingo). De cara ao proxecto, dividíronse en catro accións:
O monte e nós: pequena acción formativa a través de dinámicas e xogos relacionados co medio ambiente, a natureza, a importancia dos montes e a importancia dun desenvolvemento da riqueza forestal de xeito sostible e do impacto que pode ter unha mala xestión da masa forestal. Data: sábado 21 de setembro.
Xa son padriño/madriña!: preparación do terreo, plantación e apadriñamento de árbores autóctonas. Data: domingo 22 de setembro, sábado 5 e domingo 6 de outubro.
Comemos ou que?: acampada de dúas fins de semana con actividades complementarias de ocio e tempo libre. En concreto está prevista a proxección da película O bosque animado, xogos nocturnos e xogos e danzas de animación. Data: 21-22 de setembro.
Mira o que estamos a facer!: Difusión do proxecto desde a publicidade inicial ata a difusión dos resultados ao remate do proxecto a través do blog da asociación oesquio.blogspot.com. Data: setembro - outubro
0 comentarios:
Publicar un comentario