13 feb 2014

I ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA - BRIÓN 50 KM


A andaina Terras de Altamira - Brión 50 km vaise celebrar por ver primeira vez o sábado 17 de maio de 2014 (Día das Letras Galegas). A idea xurde da xuntanza e o amor polo medioambiente e polo deporte da Asociación O ESQUIO NO PIÑEIRO e da empresa AQUAFIT XESTIÓN S.L. (xestora da Piscina Municipal Cuberta do Concello de Brión).

Esta proba nace coa idea de dar a coñecer aos sendeiristas os bonitos paraxes que podemos atoparnos no Concello de Brión. Percorreremos sendeiros a traves dos nosos montes, ao carón dos Rios Sar e Tambre, veremos fervenzas, castelos, e unha morea de puntos de interese que non deixarán indiferente a ningún participante da ruta.

Para esta primeira edición, distribuimos a andaina en tres aneis  con un total de 50 km que haberá que realizar en menos 12 horas. A proba pode realizarse completa (50 km), ou ben calquera dos aneis de xeito independente ou combinandoos como se desexen. Da seguinte maneira:
- 1º anel: 17 km
- 2º anel: 20 km
- 3º anel: 13 km
- 1º anel + 2º anel: 17 km + 20 km= 37 km
- 1º anel + 3º anel: 17 km + 13 km= 30 km
- 2º anel + 3º anel: 20 km + 13 km = 33 km
- 1º anel + 2º anel + 3º anel: 17 km + 20 km + 13 km= 50 km
*As distancias son orientativas e provisionais a falta dos trazados definitivos.

O punto neuralxico da andaina será a CARBALLEIRA DE SANTA MINIA, punto no que comezarán e rematarán cada un dos tres aneis. A saída xeral para os participantes que desexen realizar o primeiro anel ou os 50 km totais será as 9:00 hrs. O resto de horarios ainda están por definir e colocaranse nesta mesma web antes da data de realización da proba.

Durante a proba haberá avituallamentos tanto líquidos como sólidos, así mesmo estableceranse duas zonas con "avituallamentos mais abudantes" co cal non será necesario que os participantes carguen con comida nin bebida para o mediodía.

MAIS INFORMACIÓN

0 comentarios:

Publicar un comentario