19 mar 2014

OS CONTOS DO ESQUIO


No alto de Rañalonga, no piñeiro máis grande que hai, vive Ernesto, un esquío moi aventureiro. O que máis lle gusta a Ernesto son dúas cousas:

Unha, sentar pola tarde na súa póla favorita ao sol do inverno e roer unha noz.

Outra é contarlle a todo o que estea disposto a escoitar as marabillosas historias das súas viaxes polo mundo adiante.

Ernesto, ao longo da súa vida, percorreu os cinco continentes e ten milleiros de historias que contar.

As súas preferidas son as das vilas e cidades galegas. Por iso sempre ten algo interesante que contar de cada lugar ao que vai.

O seu público son os rapaces a partir de 4 anos que sexan aventureiros, curiosos, desexosos de coñecer cousas novas e historias da súa terra e dos seus devanceiros.

Non lle importa nada estar a falar unha hora enteira das súas cousas, aínda que como vai velliño normalmente cando o invitan a ir a outras vilas manda no seu lugar a súa mellor amiga: Maricastaña, a súa compañeira de aventuras, coa que recorreu o mundo enteiro.

QUERES ESCOITAR AS HISTORIAS DE ERNESTO?
- CONTACONTOS: Sesións dunha hora aproximadamente para rapaces e rapazas de 4 anos en diante
- PREZO: 100€ - 120€, dependento da distancia

Entidade incluida na Rede Cultural 2014 da Diputación de A Coruña
Asociación O esquío no Piñeiro Brión (A Coruña)
Contacto: 667 665 705

0 comentarios:

Publicar un comentario