15 mar 2014

Veciños de Brión plantan quince fresnos no parque municipal de Pedrouzos


O parque municipal de Pedrouzos (Brión) ten desde onte quince novos fresnos, unhas árbores recentemente plantadas por un grupo de veciños que acudiron á chamada da asociación O Esquío no Piñeiro, que fai catro anos optou por organizar esta actividade para converter o terreo nunha arboreda con exemplares de distintas especies.

Na plantación participaron varias familias brionesas. Os seus membros de máis idade asumiron o traballo de cavar o terreo para plantar unhas árbores que a partir de agora necesitarán numerosos coidados, sobre todo durante o verán.

Parte dos fresnos serviron para repor árbores mortas de anteriores plantacións, porque non todos sobreviven, a pesar dos coidados.

>> Enlace a La Voz de Galicia

0 comentarios:

Publicar un comentario