17 abr 2012

EN LA VOZ DE GALICIA: Unha pedalada nocturna pola comarca reúne a 50 ciclistas

Medio cento de ciclistas participaron na primeira pedalada nocturna da asociación cultural e deportiva O Esquio no Piñeiro de Brión.

O percorrido pasou polos concellos de Ames, Brión e Teo, con saída dende Framán con un percorrido circular de catorce kilómetros por monte pechado, zonas técnicas e pistas forestais.

A carreira foi social e non competitiva e todolos participantes tiveron que utilizar casco e bo sistema de iluminación.

0 comentarios:

Publicar un comentario