18 jun 2013

IMAXES QUE MANTEÑEN VIVA A MEMORIA DE BRIÓN


FONTE: EL CORREO GALLEGO

Máis de setecentas fotografías antigas leva recollidas a asociación O Esquío no Piñeiro para facer un arquivo e publicar un libro sobre a historia e os costumes no municipio. Son imaxes que axudan a manter viva a memoria do municipio de Brión, do seu patrimonio, as súas costumen e a súa historia, e unha das moitas iniciativas culturais desde pequeno concello que contan cunha amplia resposta veciñal. Así, a asociación cultural, medioambiental e deportiva O Esquío no Piñeiro leva reunidas máis de setecentas fotografías antigas de Brión, dentro dunha iniciativa posta en marcha en colaboración co Concello para recuperar e conservar o patrimonio fotográfico brionés e mesmo poder publicar un libro sobre costumes no municipio.

A iniciativa pusose enmarcha hai tres meses e neste tempo qque levan recollendo fotografías a asociación conseguíu a colaboración de veciños e veciñas de todas as parroquias deste municipio coruñés, polo que a escolma de imaxes está a ser moi variada. As fotografías se escanean e se devolven de forma practicamente inmediata aos seus donos.

Ata o momento, as fotografías máis antigas recollidas datan da primeira década do século XX e a gran maioría correspóndense con celebracións relixiosas (como vodas, comunións, procesións...), festas e xuntanzas tradicionais, retratos de familiares e amigos ou partidos de fútbol.

Así mesmo, segundo explican dende a entidade, recolléronse tamén imaxes das distintas parroquias de Brión, se ben aos membros da asociación chámalles poderosamente a atención que non se recollese ningunha imaxe antiga de lugares como o antigo cine de Pedrouzos ou sobre o balneario do Tremo, por exemplo.

COLABORACIÓN

Dende a asociación O Esquío no Piñeiro lembran que os veciños e veciñas que queiran colaborar nesta iniciativa poden achegar as súas fotografías de dúas maneiras: ou ben dixitalizadas a través do mail oesquio@gmail.com ou entregándoas persoalmente nas dependencias da biblioteca municipal do concello de Brión, onde as fotografías serán dixitalizadas e se devolverán no mesmo momento á persoa ou persoas que as aporten.

INFORMACIÓN SOBRE A CAMPAÑA: RECOMPILACIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DO CONCELLO DE BRIÓN

0 comentarios:

Publicar un comentario