O ESQUÍO BTT

CREACIÓN DA ASOCIACIÓN DEPORTIVA

Con data 6 de febreiro de 2012, e ante a petición dun grupo de socios afeccionados ao ciclismo de montaña, créase a división deportiva da asociación, pasando esta a incluír na súa denominación o termino "ASOCIACIÓN DEPORTIVA". Para constituíla como tal celébrase unha Asamblea Xeral Extraordinaria de asociados o 16 de decembro de 2011 onde se redactan os novos estatutos coas modificacións pertinentes para a súa inscrición como asociación deportiva.

Na data 6 de febreiro de 2012 recíbese a resolución favorable de inscrición de modificación de estatutos da ASOCIACIÓN CULTURAL MEDIO AMBIENTAL E DEPORTIVA O ESQUÍO NO PIÑEIRO no Rexistro de Asociacións Deportivas da Xunta de Galicia.

Para darnos a coñecer no mundillo do deporte de bicicleta e co fin de acortar a denominación da asociación, para ser máis sinxelo de recordar, decidiuse diminuír o nome pasando a coñecerse a sección de ciclismo de montaña da asociación como O ESQUIO BTT.