QUEN SOMOS

A asociación cultural, medio ambiental e deportiva O ESQUIO NO PIÑEIRO nace o 26 de agosto de 2009, é unha entidade sen ánimo de lucro, autoxestionada e totalmente independente, na que se organizan actividades de libre participación que favorecen o intercambio e o encontro persoal.

As actividades, que se xeneran libremente a partir de iniciativas dos seus membros, están abertas a todos. O ESQUÍO NO PIÑEIRO é unha asociación aberta, todos os socios poden contrubir a crear o espazo, á medida do talento de cada un e das gañas de ir cara adiante.

A xestión da asociación é enteiramente autofinanciada polos seus integrandes, a través das cotas de socio, donacións e subvencións do estado. É unha entidade totalmente independente de calquera institución relixiosa, política ou social.

Os fins principais desta asociación son:

- Traballar pola defensa da natureza, así como pola defensa e recuperación do patrimonio histórico-cultural en todos os seus ámbitos, promovendo a protección do hábitat rural e natural.

- Promover e investigar sobre o noso patrimonio histórico cultural antigo.

- Promover e propoñer a investigación, edición e divulgación etnográfica en valor da expresión cultural da zona de ámbito de actuación da Asociación.

- Promover a práctica da actividade física e deportiva, así como a participación en actividades e competicións oficiais.

- Cultivar os valores humanos de solidariedade e tolerancia, culturais e educativos, mediante actividades e iniciativas que axuden a melloralos e a profundizalos.

- Achegar ós mozos á realidade cultural, social, ambiental na que viven facilitando a súa particiapción activa a través da organización de actividades divulgativas, de ocio, deportivas, culturais, etc.

- Facer da Asociación un movemento dinamizador amplo que recolla e dea resposta a todas as inquedanzas dos diferentes grupos de poboación, e que sirva de marco de acción a todos aqueles que se queiran integrar.

- Ofertar a nosa colaboración, cando se estime pertinente, ós organismos públicos e privados que estean relacionados coa área de traballo do grupo.

- Establecer todos os vencellos necesarios con outros grupos, fixando vías de colaboración de cara a unha labor máis eficaz.

Para o cumplimento destes fins, a asociación realizará distintas actividades formativas, de ocio e tempo libre, deporitvas, medio ambientais, de sensibilización da poboación, e todas aquelas que a asamblea de socios reuinida decida no seu momento.

A práctica deportiva centrarase principalmente nas diferentes modalidades de ciclismo, practicándose así mesmo outras modalidades deportivas tales como o sendeirismo, baloncesto, deportes de auga, etc., funcionando a tal fin as seccións deportivas que a Asamblea Xeral poida acordar crear no seu momento.