O ESQUIO NO PIÑEIRO

Benvid@ a páxina web da asociación cultural, medioambiental e deportiva O ESQUIO NO PIÑEIRO, sumerxete na páxina e descubre todas as actividades que realizamos.

I RUTA BTT RIO TAMBRE

A primeira edición da ruta btt foi toto un éxito. No deportivo, porque participaron trescentos ciclistas e, no solidario, porque se recolleron mais de cen kilos de alimentos non perecedeiros que foron entregados aos Servizos Sociais do Concello para repartir entre as familias mais necesitadas do municipio.

DEVOCIÓN POLA NATUREZA

Un dos principais piares da asociación é o coidado do medio ambiente. Traballamos pola defensa da natureza e a recuperación do patrimonio histórico - cultural. Sentimonos orgullosos de loitar por un mundo menos contaminado.

A NOSA PLANTACIÓN

Podes visitar a nosa plantación de árbores autóctonas no parque municipal de Pedrouzos ao lado do campo de fútbol municipal. Aqui neste espazo é onde se realizan as plantacións e apadriñamento de árbores.

PEDALADAS NOCTURNAS

Tamén se coñecen como bici-café ou buho-cafe e tamén contan con numerosos adeptos. A premisa destas pedaladas é moi básica: non existen os machos alfa. Trátase de desfrutar na natureza dunha xuntanxa non competitiva na que a boa compaña e as risas fan que nos olvidemos de que caen "chuzos de punta" cada vez que organizamos algunha.

PROGRAMA APADRIÑA UNHA ÁRBORE

Unha das actividades con mais adeptos e a plantación de árbores. Realizase no parque municipal de Pedrouzos, sempre se utilizan para a repoboación castiñeiros e carballos. Ademais comprometemonos a coidar os árbores con regadíos periódicos e vixilando o seu crecemento.

2 mar 2016

PROGRAMA APADRIÑA UNHA ARBORE 2016


Un ano mais a Asociacion O Esquio no Piñeiro vai facer unha plantación de árbores no Parque de Pedrouzos (ao lado o campo de fútbol). Esta actividade destinada a nenos/as e adultos, ten como obxectivo converter o terreo do parque de Pedrouzos nuna arboreda con exemplares de distintas especies autoctodascomo carballos, castiñeiros, etc...

Como xa é costume, as persoas interesadas en participar desta actividade deben aparecer o vindeiro día 5 de marzo no parque sobre as 17 hrs. e vir provistos de útiles para realizar a plantación: sachos, pás, etc... A asociación encargarase de aportar os árbores para a súa posterior plantación. Se precisas mais información podes usar o tfno. 677655705.

DATOS:


DATA: 05/03/2016
HORA: 17:00 h.
LUGAR: Parque de Pedrouzos (Ao lado do campo de fútbol)

3 mar 2015

APADRIÑA UNHA ÁRBORE 2015


ATENCIÓN NOVA DATA


ACTIVIDADE PARA ADULTOS E NENOS/AS
Anímate e trae aos pequenos/as para ensinarlle valores de respecto pola natureza.

O próximo sábado 7 de marzo, O ESQUIO NO PIÑEIRO vai levevar a cabo a tradicional plantación de árbores no parque de pedrouzos (Brión) que está situado ao lado do Campo de Fútbol Municipal.

Como xa é costume, os que desexedes participar, simplemente debedes aparecer no parque sobre as 17 hrs. cos útiles que posuades para realizar a plantación. De todos xeitos temos habilitado un teléfono de contacto para mais información que é o 677655705.

DATOS:

DATA: 07/03/2015
DATA: 14/03/2015
HORA: 17:00 h.
LUGAR: Parque de Pedrouzos (Ao lado do campo de fútbol)

1 feb 2015

A nosa historia, en fotos



 REVISTA ALTAMIRA Nº 93 - FEBREIRO 2015

Máis de douscentos veciños arrouparon á asociación O Esquío no Piñeiro na presentación do libro “Brión en Fotos”, que se agasalla con este número de “Altamira”.

Co agasallo do libro “Brión en fotos: unha memoria visual do século XX”, que acompaña a este exemplar da revista “Altamira”, o Concello de Brión culmina un proxecto que comezou a tomar forma hai xa dez anos na Casa da Cultura: crear un arquivo fotográfi co de Brión. Un libro realizado pola asociación O Esquío no Piñeiro ao abeiro da Iniciati va Xove, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e que se reparte entre a veciñanza grazas ao Concello, que fi nanciou a edición especial do libro que tes na túa man.

Un compendio fotográfico que nace cun arrecendo de éxito inmediato, como se puido comprobar na inauguración da exposición fotográfi ca celebrada na sala municipal de exposicións, que por vez primeira non foi quen de albergar a todos os veciños e veciñas que se achegaron. O alcalde José Luís García convida á veciñanza a “disfrutar este libro coa familia e cos amigos, pois estou convencido de que será fonte de moitas e moi interesantes conversas sobre Brión, sobre as nosas aldeas e mesmo sobre a nosa propia familia”.

Con “Brión en fotos”, xa son seis os libros editados polo Concello: “Historia de Brión”, “Aldeas”, “Brétemas Luzadas”, “Nas raíces de Brión” e “Terras de Compostela”.

Agradecemento a “O Esquío no Piñeiro”

“Brión en fotos. Unha memoria visual do s. XX” é un proxecto no que “O Esquío no Piñeiro” levaba traballando algo máis de 5 anos. Supuxo a recollida, escaneado e posterior devolución de máis dun milleiro de fotografí as anti gas da veciñanza de Brión. Un libro deseñado e maquetado por Armando Pati ño, con textos de Manuel Xesús Xiráldez (profesor de Lingua e Literatura no IES de Ames) e ilustracións de Xosé Vizoso, ilustrador e deseñador de Sargadelos.

Dende “Altamira” consideramos de xusti za agradecer o seu traballo, así como a todos os integrantes da asociación que traballaron na recollida das imaxes: Julio Mallo Nieto, Dora Vieiro, Marcos Delgado e José Manuel Trigo Romero, recoñecido por todos como a “alma máter do proxecto”.

José Luís García,
alcalde de Brión

“Brión é o único Concello da contorna que agasalla cun libro a cada veciño que se empadroa. Con Brión en fotos xa serán 6 os libros que teremos editados sobre a historia de Brión”

Ovidio Rodeiro,
D.x. Xuventude

“É moi necesaria a implicación da veciñanza nun proxecto deste ti po. Ver tal canti dade de xente é a mellor forma de arroupar esta iniciativa”

Armando Patiño,
O Esquío no Piñeiro

“Son fragmentos dunha realidade inmediata e próxima de Brión que non queremos esquencer. Son fotos de festas, de traballos, da vida coti á, de paisaxes... que conseguimos grazas a que moita xente nos deixou buscar nos seus caixóns, facendo unha especie de arqueoloxía da memoria. Unha memoria que non debería perderse nos faiados”.

21 dic 2014

Un século en fotos dos veciños de Brión


LA VOZ DE GALICIA |  Domingo 21 de decembro de 2014

O Concello entregará un exemplar da obra a cada familia do concello. Douscentos veciños paseaban pola sala municipal de exposicións de Brión ollando as vinte fotografas que serviron de aperitivo á presentación do libro Brión en fotos: unha memoria visual do século XX, elaborado pola asociación O Esquío no Piñeiro.

E aproveitaban para buscarse nelas e botar a vista atrás lembrando a vida social, deportiva, cultural e cotiá de Brión. Porque estas 20 imaxes son só unha pequena parte das 200 que recolle o libro, seleccionadas de entre o milleiro que achegaron os veciños e que retratan a vida neste concello durante os últimos cen anos.

O proxecto convenceu tanto, que o Concello decidiu facer unha edición especial para entregar un exemplar a todas as familias de Brión. Serán entre 2.500 e 3.000 e repartiranse co próximo número da revista municipal Altamira, que se envía a todos os domicilios. O alcalde, José Luís García, asegurou que do mesmo xeito que a canción de Siniestro Total, o libro axudará a todos a lembrar «quen somos, de onde vimos, a onde imos». O libro, de 122 páxinas, foi deseñado e maquetado por Armando Patiño, con textos de Manuel Xesús Xiráldez e ilustracións de Xosé Vizoso. Colaborou tamén a Dirección Xeral de Voluntariado.