1 feb 2015

A nosa historia, en fotos



 REVISTA ALTAMIRA Nº 93 - FEBREIRO 2015

Máis de douscentos veciños arrouparon á asociación O Esquío no Piñeiro na presentación do libro “Brión en Fotos”, que se agasalla con este número de “Altamira”.

Co agasallo do libro “Brión en fotos: unha memoria visual do século XX”, que acompaña a este exemplar da revista “Altamira”, o Concello de Brión culmina un proxecto que comezou a tomar forma hai xa dez anos na Casa da Cultura: crear un arquivo fotográfi co de Brión. Un libro realizado pola asociación O Esquío no Piñeiro ao abeiro da Iniciati va Xove, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e que se reparte entre a veciñanza grazas ao Concello, que fi nanciou a edición especial do libro que tes na túa man.

Un compendio fotográfico que nace cun arrecendo de éxito inmediato, como se puido comprobar na inauguración da exposición fotográfi ca celebrada na sala municipal de exposicións, que por vez primeira non foi quen de albergar a todos os veciños e veciñas que se achegaron. O alcalde José Luís García convida á veciñanza a “disfrutar este libro coa familia e cos amigos, pois estou convencido de que será fonte de moitas e moi interesantes conversas sobre Brión, sobre as nosas aldeas e mesmo sobre a nosa propia familia”.

Con “Brión en fotos”, xa son seis os libros editados polo Concello: “Historia de Brión”, “Aldeas”, “Brétemas Luzadas”, “Nas raíces de Brión” e “Terras de Compostela”.

Agradecemento a “O Esquío no Piñeiro”

“Brión en fotos. Unha memoria visual do s. XX” é un proxecto no que “O Esquío no Piñeiro” levaba traballando algo máis de 5 anos. Supuxo a recollida, escaneado e posterior devolución de máis dun milleiro de fotografí as anti gas da veciñanza de Brión. Un libro deseñado e maquetado por Armando Pati ño, con textos de Manuel Xesús Xiráldez (profesor de Lingua e Literatura no IES de Ames) e ilustracións de Xosé Vizoso, ilustrador e deseñador de Sargadelos.

Dende “Altamira” consideramos de xusti za agradecer o seu traballo, así como a todos os integrantes da asociación que traballaron na recollida das imaxes: Julio Mallo Nieto, Dora Vieiro, Marcos Delgado e José Manuel Trigo Romero, recoñecido por todos como a “alma máter do proxecto”.

José Luís García,
alcalde de Brión

“Brión é o único Concello da contorna que agasalla cun libro a cada veciño que se empadroa. Con Brión en fotos xa serán 6 os libros que teremos editados sobre a historia de Brión”

Ovidio Rodeiro,
D.x. Xuventude

“É moi necesaria a implicación da veciñanza nun proxecto deste ti po. Ver tal canti dade de xente é a mellor forma de arroupar esta iniciativa”

Armando Patiño,
O Esquío no Piñeiro

“Son fragmentos dunha realidade inmediata e próxima de Brión que non queremos esquencer. Son fotos de festas, de traballos, da vida coti á, de paisaxes... que conseguimos grazas a que moita xente nos deixou buscar nos seus caixóns, facendo unha especie de arqueoloxía da memoria. Unha memoria que non debería perderse nos faiados”.

0 comentarios:

Publicar un comentario