18 oct 2012

AGRADECEMENTOS II PEDALADA NOCTURNA O ESQUIO BTT

QUEREMOS AGRADECER ENORMEMENTE A COLABORACIÓN DO C.F. BUGALLIDO POR CEDERNOS AS INSTALACIÓNS DO CAMPO DE FÚTBOL DE FRAMAN EN AMES, PARA PODER REALIZAR A NOSA II PEDALADA NOCTURNA, ADEMAIS TAMÉN QUEREMOS AGRADECER A TODOLOS PARTICIPANTES A SÚA IMPLICACIÓN NESTE TIPO DE EVENTOS. E COMO NON, TAMÉN AGRADECER A JOSÉ LUIS, SEN EL ESTE TIPO DE COUSAS NON SERÍAN POSIBLE.

Por outra banda e para que vos fagades unha idea do que deu de si esta marcha, trasncribimos literalmente a crónica que o noso amigo Anxo do clube "As cabras tiran ó monte" fixo no seu blog:

 Fecha:11/10/2012
 Destino: Pedalada Nocturna
 Kms: 30
 Asistentes: Arturo Froome, Yosimura, Anxo.

Como nos coida esta xente do Esquío no Piñeiro. Por terceira vez neste ano organizan outra xuntanza Btt. Xa van duas Pedaladas nocturnas e unha Marcha...E Todo nun ano!!!!! QUE MÁIS SE PODE PEDIR.
Por pedir...Eu diría que a nocturna se fixera nunha notiña desas de Agosto, de boa temperatura, e logo o rematar de dar pedal coller outro pedal de tabernas para facer grupiño ;)
 Na primeira nocturna choveunos, e nesta segunda tamén houbo que mollarse, aínda que coma bos esquíos atopamos un furado para abrigarnos. Visto que no piñeiro non cabiamos todos, a parada técnica foi nunha taberna logo de levar 20 kilometriños rodados. 
A premisa básica desta volta, coma sempre nós recorda Jose Luis, é que Aquí non hay machos alfa!!!!! Trátase de desfrutar ca natureza e dunha xuntanza non competitiva, ainda que desta volta cedeu, creando un tramo libre de subida con rampas do 23% Houbo que dalo para entrar en calor e as cabritiñas copamos algo parecido a un podium, vamos que chegamos antes que os demais, ainda que o premio foi en medallas de Ouro Para todos ;)
E O MÁIS IMPORTANTE xa se sabe o que é, a compaña de toda esta xente!!!! Senon que carallo pensades que fariamos andando as doce da noite polo monte jejej.

Unha mágoa non contar ca presencia dos clubes ciclistas da zona nestas tres xuntanzas. En fin...Sólo e a miña opinión, da de un que da pedal por aquí e que valora o ESFORZO, da ASOCIACION CULTURAL O ESQUÍO NO PIÑEIRO.

MOITAS GRACIAS XENTE DO ESQUÍO POR ESTAS RUTAS, ESPERO QUE PARA O ANO HAXA OUTRAS TANTAS. 

P.D Felicitar a Jose Luis por selo precursor destas Kedadas Nocturnas.

Saudos.

0 comentarios:

Publicar un comentario