21 nov 2012

CAMIÑO PORTUGUES: TUI - SANTIAGO


 Para pechar as actividades deste ano 2012, a ASOCIACIÓN CULTURAL MEDIO AMBIENTAL E DEPORTIVA O ESQUIO NO PIÑEIRO (O ESQUIO BTT) DE BRIÓN organiza para o sábado día 1 de Decembro unha ruta polo camiño Portugúes, concretamente o anaco de camiño que transcorre por Galicia, dende a cidade de Tui ata Santiago.

DATOS TÉCNICOS

Día: Sábado 1 de Decembro de 2012
Lugar e hora: Carballeira de Santa Minia, Brión, 7:30 hrs.
Desplazamento gratuito ata Tui en Autobús, subvencionado pola asociación.
Distancia: 119 km.
Número de prazas: 30 prazas máximo.

A idea é facer a etapa de un tirón, parando o xusto para avitullarse, beber, tomar un café, etc... o ritmo da marcha vai depender un pouco da xente que nos acompañe, pero a idea e facer dous ou mais grupos: un coa xente que anta mais, e outro cos mais "tranquilos".

Unha vez rematada a etapa buscaremos un lugar (en Brión) para cear todos aqueles que queiran asistir. A cea corre por conta de cada un.

Enlace con mais información da ruta: http://caminodesantiago.consumer.es/los-caminos-de-santiago/portugues/

Rogariavos que lle derades publicidade a actividade e llo comentedes a todos/as aqueles/as que pensedes que poden estar interesados.
Para anotarse (ata o día 29) é necesario enviar un correo a oesquio@gmail.com

0 comentarios:

Publicar un comentario